viernes, 19 de diciembre de 2014

Cronica

Pois este mes, e para despedir o ano, fixemos a ruta de los Cortines, en Santa Eulalia de oscos, que eu mirara en internet e vira que era en Moal, pero por suerte era 35 km antes.

Comezamos coma sempre ás 8 en Ferreira, será cousa da idade, pero como pesan os párpados a esa hora, para levantarse, para deitarse non hai problema.

O coductor tivo a deferencia de ir por carreteras normales, e incluso pola autopista, en vez de polas corredoiras do interior que acostumbran, e paramos a desayunar en Vegadeo, onde vimos a cesta de navidade mais impresionante da historia, viña nun carrito de coche, a rebosar, que non collía toda, e o carrito tamén formaba parte da cesta, incrible, ata tiña unha lavadora, dous fornos, unha tele, e un iphone 6, o mellor do lote, sin ningunha duda.

Non chovía e estaba o día fresco sin chegar a ser frío. Chegamos a Barcia, ó comezo da ruta, unha pequena aldea moi coidada, cun impresionante pazo do S XVIII á esquerda, pasamos polo lado da “casa das nenas” que chegamos á conclusión que igual non tiña nada que ver cunha casa de lenocinio.

O principio da ruta parecía un pouco descuidado, igual descuidado non é a palabra, pero si menos “Guapu” do que acostumbra. Pero sólo un pouquiño mais adiante xa se rebelou en toda a súa beleza.

Subimos ó son do río, acompañados do seu murmurio, por un camiño antigo, estreito, mullido, polo medio da fraga co río ós pes, dos auténticos, dos bonitos, dos que crean afición. Todo o suelo cheo de follas ocres, no principio algunha de castaño logo reinaba o carballo, sereno, medrando libre.

Subindo vimos o primeiro Cortín, ben coidado e enorme, así é como lle chaman a ese lado do río ás Albarizas, recintos circulares, con muros altos onde se metían as colmenas nos montes para protexelas do oso, e que adundan no courel e nos ancares, e tamén do outro lado, que os osos non eran moito de fronteiras administrativas.

Canto mais arriba outro elemento foi gañando terreo, o musgo, onmipresente, ese musgo que no seu medio ideal, pleno de humidade, condensando as gotas de bruma nel, ten innumerables tomalidades de verde segundo ó angulo onde incida a luz, e enche de verde as arbores no inverno e de vida as pedras antigas.

Logo de coronar tomamos o tentempé, sobre as 12, as boas costumbres para que perdelas, e desde a cima miraras a onde miraras non había mais que ocres ata onde alcanzara a vista, mirando eso se nos ven o pensamento de sempre, cando hai 2 ou 3 xeracións tan solo todo era así, pero alí arriba ben poideramos pensar que chegaban os carballos ó mar, e que as fragas cubrían o planeta enteiro.

O comezo da baixada deparaba outra sorpresa, un tunel de ocre de follas no suelo, de verde musgo nas paredes con teito marelo de follas, a fraga que da sombra e acolle o camiño estreito, a quinta esecia das fragas, chea de formas extrañas, aleatorias, caóticas, non costa imaginarse contos de santas compañas, de espíritus, nin toda a imaxinería popular entre esas ramas iluminadas pola tintileante luz dos fachos, e as sombras alargadas que produce a lúa chea. E así rematamos de baixar, sempre ó son do río, sempre entre múltiples verdes, infinitos ocres e pinceladas de roxo nos acibros, coa banda sonora do ciclo infinito da auga da fraga.

E rematamos a ruta, sin pasar frío, sin pasar calor, cómoda, preciosa, contentos, relaxados, poñer roupa seca, e a comer, despois de tomarse unha fresca, claro.

Comimos na Barrica, en Vegadeo, decorado rústico, cun pouco de guapismo asturiano, non tomamos sidra, parece que no inverno apetece mais a contundencia dunha Red Vintage, tomamos unha 1906 normal que non había a Colorá. E comimos, como se come sólo despois de madrugar e pasar a mañá facendo ejercicio ó aire libre en inverno, con ganas, con ganas de las buenas, unha comida excelente e tremendamente abundante. O da sopa de marisco sin fideos ainda é ahora que no entendo, pero moi rica, callos, fabada, contundente, e logo lacón asado, redondo de ternera, troitas e carrilleras. Osea, que maneira de comer vamos, e aparte de fartucar estaba moi rica.

E logo o postreo, mimaiña, de estos sitios que che poñen cachos pequenos de tropecientas tartas variadas, a cual mais rica, o paraiso dun dulceiro, unha comida das que se notan no cinto o levantarte, das que merecen a pena, vamos. E así regresamos á casa, como sempre se caeu algunha siesta no bus, plenamente justificada, ainda houbo quen arrimou a orella un poquito no sofá antes de cenar....

E nada, para a próxima toca baixar os excesos navideños, parte, facendo o Camiño Real desde Ferreira a Viveiro, e igual non comemos tan ben, pero se intentará....

Y ello, nunhas semanas nos vemos, camiñantes, e felices festas a todos, e sobre todo a todas, claro, e feliz ano, e brindaremos na distancia por un 2015 pleno, feliz e cheo de sonrisas e rutas preciosas.

Juan A. Fernanandez